Time  3 hours 48 minutes

Coordinates 1436

Uploaded April 7, 2020

Recorded March 2020

-
-
2,525 ft
1,718 ft
0
2.0
4.1
8.2 mi

Viewed 67 times, downloaded 4 times

near Lamosa, Galicia (España)

Nos montes de A Paradanta érguese un dos máis importantes santuarios marianos de Galicia e incluso do norte de Portugal. É tal a devoción que se celebran dúas multitudinarias romarías ao ano: a de luns de Pascua, coñecida como “As Pascuíllas”, con procesións das virxes e santos (máis de 50) das parroquias da contorna, e logo está a de setembro na que se leva a Virxe en procesión nun carro engalanado tirado por bois cos ollos tapados e acompañamento de bailaríns de antigas danzas.

A imaxe da Santa parece ser do século VI e foi atopada agochada no Coto da Vella e que propiciou o posterior levantamento dun templo (séc. XI) nas cercanías do achádego (din que cargaron a Virxe nun carro tirado por bois cos ollos tapados e onde pararon ergueuse o santuario). A igrexa, primeiro baixo a orde de San Bieito, pasou logo a tutela da Orde do Císter, que construíron o templo actual no ano 1343 cun estilo románico tardío, na parroquia de Santa María de A Franqueira do concello de A Cañiza.

A nosa andaina arredor de A Franqueira, a terra dos homes francos ou libres, vai transcorrer por fragas, montes, aldeas e predios dos concellos de Covelo, Mondariz e A Cañiza. Comeza na aldea de A Lamosa (Covelo) na que nos internamos para ver a igrexa parroquial, un cruceiro que estaba policromado, petos de ánimas e antigos lagares de cera.

Seguindo o sentido horario da marcha, subimos cara o Coto Xabriña onde ten o seu nacedoiro o homónimo río, proseguindo a andada por piñeirais e monte baixo para acadar A Franqueira. Desde aquí baixamos, por terras de Mondariz, pola Vía Mariana (ruta de peregrinación que vai de Braga a Muxía), pasando pola aldea de Prado de Canda (Covelo) e atravesamos o muiñeiro río Xabriña pola pontella de Ponte Folón, arroupados por unha vizosa fraga de carballos, xardóns, salgueiros e ameneiros.

No derradeiro treito subimos por unha avesía corredoira que nos levará a parte baixa de A Lamosa e entre petos de ánimas e máis eiras da cera chegamos ao punto de inicio.

View more external

Photo

A Franqueira

Parroquia do concello de A Cañiza, nos montes de A Paradanta.
Photo

A Lamosa

Parroquia do concello de Covelo.
Sacred architecture

Altar

Altar ao aire libre na parte alta de A Franqueira.
Sacred architecture

Alto Coronacion

Altar ao aire libre preto da igrexa de Santa María de A Franqueira.
Picnic

Area lecer

Área recreativa no Alto da Coronación.
Photo

Camiño 1

Camiño na parroquia de A Lamosa.
Photo

Camiño 2

Camiño que cadra coa Vía Mariana.
Waypoint

Comezo Franqueira

Punto de inicio na estrada N-120, na aldea de A Lamosa.
Sacred architecture

Cruceiro 1

Cruceiro na aldea de A Lamosa.
Sacred architecture

Cruceiro 2

Cruceiro en Prado de Canda, Covelo.
Sacred architecture

Crucifixo

Crucifixo con baldaquino na aldea de A Lamosa, Covelo.
Photo

Eira da Cera

Eira na aldea de A Lamosa.
fountain

Fonte 1

Fonte de auga potable na aldea de A Lamosa.
fountain

Fonte 2

Fonte de auga potable n´A Franqueira.
fountain

Fonte 3

Fonte de auga potable en Pradi de Canda.
fountain

Fonte 4

Fonte de auga potable na parroquia de A Lamosa.
fountain

Fonte dos Loureiros

Fonte de auga potable en Prado de Canda.
fountain

Fonte lavadoiro

Fonte e lavadoiro na aldea de A Lamosa.
Ruins

Forxa Ferreiro

Restos dunha antiga forxa en Prado de Canda.
Sacred architecture

Igr San Bartolomeu

Igrexa parroquial de A Lamosa, concello de Covelo.
Sacred architecture

Igr Santiago

Igrexa parroquial de Prado de Canda, Covelo.
Sacred architecture

Igrexa Santa Maria

Igrexa parroquial de A Franqueira, concello de A Cañiza.
Ruins

Lagar de cera

Lagar de cera na aldea de A Lamosa.
Sacred architecture

Peto 1

Peto de ánimas en Prado de Canda, Covelo.
Sacred architecture

Peto 2

Peto de ánimas en Prado de Canda.
Sacred architecture

Peto 3

Peto de ánimas na parroquia de A Lamosa.
Tree

Piñeiral

Bosque de piñeiros no monte de Visticovo, concello de A Cañiza.
Bridge

Ponte Folon

Pontella de pedra sobre o río Xabriña.
Photo

Prado da Canda

Parroquia do concello de Covelo.
River

Rio Xabriña

Río que nace nos montes de A Paradanta, no coto Xabriña, nas lindes entre Covelo e A Cañiza, e desemboca no Tea no concello de Mondariz.
Photo

Via Mariana

Camiño de peregrinación polos santuarios marianos, desde Braga a Muxía.

Comments

    You can or this trail