Time  5 hours 49 minutes

Coordinates 2527

Uploaded June 4, 2018

Recorded May 2018

-
-
3,624 f
2,342 f
0
2.5
5.0
9.92 mi

Viewed 268 times, downloaded 5 times

near Branda da Aveleira, Viana do Castelo (Portugal)

Cando no mes de Maio os pasteiros escaseaban, era costume subir o gando cara aos cumios da Serra da Peneda ata que a climatoloxía tornábase máis fría, a finais de Agosto ou Setembro, tendo por entón o regreso as zonas máis baixas. Estas zonas de pasto, con auga dalgunha fonte ou regueiro, eran chairas delimitadas por valados baixos feitos con pedras.

Na Peneda os chozos e cabanas para recollerse o gando e máis os pastores reciben o nome de "brandas", facéndose a subida e logo a baixada con paradas en brandas intermedias, usándose estos acubillos cando o tempo era adverso.

Cada branda dispuña de agrupamentos de máis de unha ducia de cortellos, espallados e acoutados por un recinto chamado "a becerreira". As construcíóns estaban cubertas por unha falsa cúpula moi basta e con un interior de pouca superficie útil, mais hai hai algunha que dispón de dous pisos con entradas separadas; enriba dormía o pastor e embaixo acubillábase o gando. Noutros casos a construción era de maior superficie con planta rectangular e muros en pedras de mampostería.

As brandas tamén podían ter casas e leiras onde se cultivaba o feo, o centeio e a patata, constituindo deste xeito pequenas aldeas onde a xente moraba de Maio a Setembro.

Algunhas brandas de cultivo transformáronse co tempo en aldeas con residencia permanente, como Aveleira convertida actualmente en núcleo turístico con aloxamentos rurais e onde nós comezamos o percurso. Amais desta branda visitaremos a do Furado, a da Costa do Salgueiro e a e de Castribô, contando esta última cun elevadísmo número de construcións rectangulares -hoxe abandonadas- e algunha de tipoloxía circular, por riba dos socalcos de Porta Cova.

View more external

Refuge

Branda Aveleira

Branda na Serra da Peneda.
Photo

Branda Costa do Salgueiro

Branda na Serra da Peneda.
Photo

Branda Crastibo

Branda por riba de Porta Cova, na Serra da Peneda.
Photo

Branda Furado

Branda na Serra da Peneda.
Photo

Cabana 1

Casoupa preto da branda de Castribô.
Photo

Cabana 2

Barraca preto da branda de Castribô.
Photo

Camiño

Camiño preto da branda de Porta Cova.
Photo

Camiño empredrado

Camiño con firme de laxas na branda do Furado.
Photo

Carreiro

Sendeiro preto da branda de Crastibô.
Photo

Chozo

Construción de pedra de pranta circular para uso gandeiro.
Waypoint

Comezo Crastibo

Punto de inicio do roteiro na branda de Aveleira.
Photo

Curral 1

Curral gandeiro na Serra da Peneda.
Photo

Curral 2

Curral para o gando na Serra da Peneda.
fountain

Fonte

Fonte de auga potable na branda do Furado.
fountain

Mina auga

Mina de auga na branda de Castribô.
Sacred architecture

Nossa Sra Guia

Capela da Nossa Senhora da Guia na branda de Aveleira.
Tree

Piñeiral

Bosque de piñeiros na Serra da Peneda.
Bridge

Ponte 1

Ponte sobre o río de Aveleira.
Bridge

Ponte 2

Ponte sobre o río Vez.
River

Rio Aveleira

Regato afluente do río Vez.
River

Rio Vez

Afluente do río Lima, nace na Serra da Peneda.
Photo

Sendeiro

Carreiro por riba da branda do Furado.
panorama

Vistas 1

Vistas panorámicas sobre o val do río Vez.
panorama

Vistas 2

Vistas panorámicas sobre os socalcos de Porta Cova.

Comments

    You can or this trail